•  
  • ';
  •  

Dependencia

Se tes no teu contorno unha persoa, amiga ou familiar, que precisa de axuda ou atención para o seu coidado persoal ou para as actividades cotiás da vida diaria, poida que se atope nunha situación de dependencia.

O noso equipo ofreceralle toda a atención, información, asesoramento e xestións precisas para poder acceder aos recursos e prestacións que o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia oferta ás persoas que o necesitan co fin de favorecer a súa autonomía e benestar:

Solicitude de valoración de grao e nivel de dependencia.

Acceso ao Catálogo de Servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á dependencia:

- Servizo de teleasistencia.

- Servizo de axuda no fogar.

- Servizo de centro de atención diurna e de atención nocturna para persoas en situación de dependencia.

- Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia.

Prestacións económicas:

- Libranza para a adquisición de servizos.

- Libranza para coidados no contorno familiar.

- Libranza para a asistencia persoal.

Axudas económicas para facilitar a autonomía persoal.

Atencións específicas para menores de 3 anos.

Transporte adaptado: 065 - Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal.

Programa Xantar na casa.

Ademais, dende os Servizos Sociais desenvolvemos accións puntuais vinculadas coa formación para o coidado e atención de persoas valoradas como dependentes.

IMP - Dependencia
Solicitude de Valoración

IMP - Dependencia
Informe de Saúde

IMP - Dependencia
Declaración responsable de patrimonio

IMP - Xantar na Casa
Solicitude de participación

IMP - Dependencia
Solicitude de Teleasistencia Domiciliaria

IMP - Dependencia
Informe Médico Teleasistencia

IMP - Dependencia
Solicitude de Transporte Adaptado

DOC - Dependencia
Lei de Dependencia

DOC - Dependencia
Decreto da Xunta sobre Recoñecemento de Dependencia

DOC - Axuda do Fogar
Regulamento xeral

DOC - Xantar na Casa
Bases