Os Servizos Sociais son o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación. (Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia).
Dende o Sistema Galego de Servizos Sociais, esta rede de equipamentos e equipos técnicos estructúrase en:
- Servizos Sociais Comunitarios: Básicos e Específicos.
- Servizos Sociais Específicos.
O Centro de Servizos Sociais Comunitario Básico do Concello de Vilagarcía de Arousa, como parte do Sistema Galego de Servizos Sociais, fundamentase no seguintes de principios:
- Universalidade.
- Prevención.
- Responsabilidade pública.
- Igualdade.
- Equidade e equilibrio territorial.
- Solidariedade.
- Acción integral e personalizada.
- Autonomía persoal e vida independente.
- Participación.
- Integración e normalización.
- Globalidade.
- Descentralización e proximidade.
- Coordinación.
- Economía, eficacia e eficiencia.
- Planificación.
- Avaliación e calidade.